DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Tecendo identidades entre arte e moda: os oficios tradicionais, as formas vernáculas e a poética dos materiais

Tecendo identidades entre arte e moda: os oficios tradicionais, as formas vernáculas e a poética dos materiais
 
encontro

Historia do deseño e a cultura visual. Arquivo DIDAC Galicia

DIDAC. Santiago de Compostela

xoves, 18 abril, 2024 - 19:00

Balea é unha edición limitada de sombreiros con alma de esculturas poñibles inspiradas na tradición baleeira e mariñeira de Galicia que teñen sido deseñados en colaboración por Maar Hats e o artista Christian García Bello.

Tomando como punto de partida a icónica vestimenta dos pescadores galegos do século pasado, Balea entrelaza as formas vernáculas da paisaxe baleeira de Galicia coa intricada materialidade alquímica dos oficios relacionados co mar a través da disciplina da moda mais próxima á escultura: a sombreirería.

Cada peza ten sido confeccionada a man con lenzo de algodón tinguido con corteza de pino e roble e encerado artesanalmente con espermaceti de cachalote, gardando fidelidade á transmisión da tradición sen entrar en contradición coa innovación e o cambio.

Balea foi deseñado baixo criterios de sustentabilidade éticos e razoables, minimizando o seu impacto sobre o territorio, empregando excedentes industriais do presente e o pasado, materias primas de proximidad, e colaborando con talleres locais para a confección, o etiquetado e a fabricación de soportes e embalaxes.

Maar Hats e Christian García Bello inauguran con este proxecto unha colaboración interdisciplinar entre arte e deseño de moda coa convicción de que existen historias e formas inéditas na paisaxe e as súas tradicións, e que están aí para quen queira recollelas.

--------------------------

Christian García Bello (A Coruña, 1986) é artista, deseñador, licenciado en Belas Artes e Máster en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo. Traballa coas formas vernáculas do territorio e a poética dos materiais, fusionando tradición e innovación e buscando un equilibrio entre o sofisticado e o austero. A súa obra foi exposta en galerías e institucións nacionais e internacionais e atópase en importantes coleccións públicas e privadas. Tamén imparte charlas sobre procesos creativos e desenvolve proxectos de deseño visual, deseño de produto e deseño estratéxico para institucións, fundacións e empresas de diferentes sectores como a moda, a cultura, os asuntos públicos ou a innovación territorial.

Jana López (A Coruña, 1982) é deseñadora e Licenciada en Belas Artes pola Universide de Vigo. Despois de varios anos dedicada ao deseño textil, en 2019 crea Maar Hats, un proxecto creativo de sombrerería contemporánea enfocado no deseño de pezas básicas e atemporais para a vida cotidiá que combinan funcionalidade e beleza a través de procesos de fabricación artesanal e a pequena escala que escapan á inmediatez da moda, atopando o seu mercado mais sólido en Asia, Norteamérica e Europa. Jana tamén se dedica á consultoría e ao deseño para outras marcas de relevancia internacional, ademais de impartir charlas, seminarios e talleres enfocados á divulgación e á conservación da cultura relacionada co gremio da sombreirería como oficio tradicional e industria de valor para un desenvolvemento sostible.