







encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
Un dos propósitos da Fundación DIDAC é a activación, dinamización e difusión do arquivo de Pepe Barro e nada mellor que achegar o traballo do deseñador aos estudantes para asegurar a visibilidade, posta en valor e continuidade dunha traxectoria dedicada ao deseño. Entendemos que dar a coñecer o noso pasado a través da mostra dedicada a o arquivo de Pepe Barro supón unha activación e impulso para a traxectoria de futuros profesionais creativos que perpetúen desde o coñecemento o traballo do deseño no que ás xeracións anteriores abriron camiño. Desde DIDAC, queremos agradecer este tempo dedicado a vir visitar O arquivo de Barro con miradas entusiastas, curiosas e respectuosas. O día 11 de febreiro de 2026 tivemos a visita do alumando do Grao en Deseño pola Universidade de Vigo e do IES Aller Ulloa de Lalín. O 13 de marzo tivemos a visita do alumnado do Grao en Deseño de Moda da EASD Mestre Mateo.
O arquivo de Barro conta co apoio do Ministerio de Cultura, da área de cultura da Deputación de Coruña e do Concello de Santiago de Compostela.
