formación
Historia do deseño e a cultura visual. Arquivo DIDAC Galicia
DIDAC. Santiago de Compostela
A Xeración triunfante: os deseñadores Bujados, Ramos e Ribas.
Hai agora cen anos, tres galegos coroábanse en Madrid como reis do papel couché: as revistas ilustradas, o cartaz, a publicidade, os libros de grande tiraxe, e até a banda deseñada eran o seu ecosistema, sobre todo Federico Ribas, o "debuxante mellor pagado de España", presidente da Unión de Dibujantes Españoles. A obra dos tres deseñadores galegos constrúe a paisaxe gráfica do primeiro terzo do século vinte nos territorios do Estado español.
Pepe Barro aborda A Xeración triunfante nunha palestra na Fundación DIDAC. O título está tomado para a historia do deseño galego da mesma denominación, que Filgueira Valverde introducira na historia da arte galega para Soutomaior, Sobrino e Lloréns, fundamentalmente.
Con esta palestra, Pepe Barro, engade o seu labor de divulgador da historia do deseño, á súa exposición na DIDAC, A cociña de Barro, os cadernos de deseño, coa que o deseñador celebra os seus cincuenta anos de profesión.