






encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
Mesa redonda. A xestión cultural. Retos e oportunidades para novas experiencias.
Con Agar Ledo (comisaria adxunta da Bienal de Pontevedra), Nuria Sotelo (A Casa Vella e Compañía Furia Sotelo) e Mónica Maneiro (directora artística da Fundación DIDAC).
Lugar: Fundación DIDAC
Duración: 60 min
Data: xoves 18 de decembro de 2025
Horario: 11.00 horas
Actividade dirixida ao alumnado das escolas de arte da cidade
Inscricións en info@didac.gal
Nesta mesa analizaranse os retos da xestión cultural como espazo dende o que crear novas formas de facer, con conciencia de coidado e novas miradas sobre o territorio.
Agar Ledo Arias (Santiago de Compostela, 1975) é historiadora da arte e técnica de procesos de investigación no Museo de Pontevedra/Bienal Internacional de Arte de Pontevedra. Entre 2019 e 2022 traballou como comisaria e asesora de adquisicións no Departamento de Colecciones del Museo Reina Sofía, onde formou parte do equipo curatorial de Vasos comunicantes. Colección 1881-2021, a reformulación da colección inaugurada en novembro de 2021. Previamente foi responsable do Departamento de exposicións do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (2006-2018). Máster en Museología y Museos (Universidad de Alcalá) e Máster en Arte y política (MA Art & Politics, Politics and International Relations, Goldsmiths, University of London.
Nuria Sotelo (Ourense, 1978) é veterinaria conversa, bailarina, coreógrafa, fundadora e directora artística da compañía de danza-teatro Furia Sotelo, directora do Espazo de danza do Campus de Ourense UV, docente no eido do movemento, traballadora no ámbito social das artes e impulsora e coordinadora do espazo de creación artística e acción social no rural A Casa Vella. No seu afán por colaborar co desenvolvemento artístico do territorio, centrou o seu traballo en Galicia, participando como intérprete en diferentes compañías de danza e de teatro. Os espectáculos de Licenciada Sotelo, reconvertida a Furia Sotelo teñen sido apoiados pola AGADIC, o Festival ALT de Vigo, o Festival Escenas do Cambio, Corpo(a)Terra entre outros. E teñen participado en programacións e festivais nacionais e internacionais.
