


encontro
CGAC - Centro Galego de Arte Contemporánea
As xornadas Apertura EASD Mestre Mateo, organizadas en colaboración coa Fundación DIDAC enmarcadas no Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, da Axencia Galega de Innovación, desenvolveranse o xoves 24 de outubro no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela.
Esta acción sitúase en liña co obxectivo común de crear unha cultura do deseño e os procesos creativos elevando a súa percepción e as súas posibilidades, contribuíndo a crear a nova xeración de talento galego e potenciando a formación estratéxica dos profesionais creativos ao favorecer a súa especialización na medida das esixencias do mercado e as súas esixencias ou preocupacións actuais.
10.00-10.20 h Presentación Xornadas Apertura 2024 EASD Mestre Mateo
Juan Adrio. Director da EASD Mestre Mateo
10.20-11.10 h Brais Lorenzo. Habitar o baleiro.
Fotoxornalista e documentalista
11.10-12.00 h Gema Neira. CEO de Cholita
Ecodeseño a partir de reciclaxe
12.00-12.20 h Descanso
13.10-14.00 h Mauro Trastoy.
Artista e deseñador cun traballo que xira ao redor dos procesos e materialidade, xerando esculturas e obxectos artesanais
14.00 h Despedida e peche da xornada.
Durante toda a xornada acompañaranos Adela VV, relatora visual que deixará rexistro do contido do evento nun memograma realizado ao longo de toda a mañá.