encontro
CGAC - Centro Galego de Arte Contemporánea
O vindeiro 7 de outubro terá lugar unha nova edición de Xornadas de Apertura da EASD Mestre Mateo 2026, unha xornada concibida como un espazo de encontro, reflexión e aprendizaxe.
A través de diferentes traxectorias e formas de entender a creación, Apertura achega ao alumnado referentes da cultura e do deseño galego capaces de abrir novas perspectivas, compartir experiencias e mostrar outras maneiras de abordar a práctica creativa.
Nesta edición participarán José María Fraga Bermúdez, que afondará na historia da Escola de Artes e Oficios de Santiago e na academia de debuxo de Alfonso Rodríguez Castelao; WIM Studio, cunha reflexión sobre a reutilización e o valor dos materiais; Jana López, deseñadora téxtil e fundadora de Maar Hats, que repasará dez anos de traxectoria no deseño de sombreiros; Carla Souto, artista e deseñadora de xoias, que presentará a súa particular aproximación á materia e á creación; e Ariadna Silva Fernández, fotógrafa, artista visual e cineasta, que abordará a relación entre paisaxe, memoria e territorio
A xornada está organizada pola EASD Mestre Mateo en colaboración coa Fundación DIDAC como parte do seu compromiso coa formación, a difusión da cultura do deseño e a creación de espazos de diálogo entre o ámbito educativo e os profesionais da creación galega.
