encontro
Auditorio ABANCA. Santiago de Compostela
As xornadas Apertura EASD Mestre Mateo, organizadas en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, a Fundación DIDAC e Afundación desenvolvéronse os días 15 e 16 de novembro no Auditorio de Afundación en Santiago de Compostela.
Esta colaboración nace en liña co Programa de Deseño para a Innovaciónn e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA da Xunta de Galicia, que ten entre os seus obxectivos activar colaboracións e alianzas co ecosistema galego de escolas de deseño, artes e arquitectura,
consolidando unha rede activa capaz de introducir e proxectar a importancia do deseño na formación proxectando a innovación e a sustentabilidade como eixos para a transformación.
Esta acción sitúase en liña co obxectivo común de crear unha cultura do deseño e os procesos creativos elevando a súa percepción e as súas posibilidades, contribuíndo a crear a nova xeración de talento galego e potenciando a formación estratéxica dos profesionais creativos ao favorecer a súa especialización na medida das esixencias do mercado e as súas esixencias ou preocupacións actuais.