DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Xornadas de apertura do curso 2022. EASD Mestre Mateo

Xornadas de apertura do curso 2022. EASD Mestre Mateo
 
encontro
CGAC - Centro Galego de Arte Contemporánea

mércores, 9 novembro, 2022 - 16:00 a xoves, 10 novembro, 2022 - 19:00

As xornadas Apertura EASD Mestre Mateo, organizadas en colaboración coa Fundación DIDAC desenvolveranse os días 9 e 10 de novembro no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela.

Esta acción sitúase en liña co obxectivo común de crear unha cultura do deseño e os procesos creativos elevando a súa percepción e as súas posibilidades, contribuíndo a crear a nova xeración de talento galego e potenciando a formación estratéxica dos profesionais creativos ao favorecer a súa especialización na medida das esixencias do mercado e as súas esixencias ou preocupacións actuais.

Mércores 09 de novembro

16.00 h Presentación Xornadas Apertura 2022 EASD Mestre Mateo. Juan Adrio - Director da ESAD Mestre Mateo e David Barro - Director da Fundación DIDAC

16.15-17.00 h "Deseño como creación e produción" José Castro - Deseñador de moda

17.00-18.00 h "A xoia: un luxo superfluo ou un amuleto imprescindible?" Noroeste Obradoiro - Xoiería contemporánea

18.00-19.00 h "Unha visión persoal do deseño de autor" María Barros - Deseñadora de moda

Xoves 10 de novembro

16.00-17.00 h "A conveniencia da fotografía: do persoal ao profesional" Jesús Madriñán - Artista visual

17.00-18.00 h "Daquelas formas, este oficio" Verónica Moar - Ceramista

18.00-19.00 h "Novas tecnoloxías aplicadas a técnicas escultóricas" Escenoset - Realización de espazos efémeros