







encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
O vindeiro martes 23 de setembro o alumnado e profesorado da EASDMM muda as tradicionais aulas e talleres polas Xornadas Apertura de curso.
As xornadas están organizadas pola Escola coa colaboración de DIDAC e o IES Rosalía De Castro , quen cede o seu salón de actos para a súa celebración.
Esta acción sitúase en liña co obxectivo común de crear unha cultura do deseño e os procesos creativos elevando a súa percepción e as súas posibilidades, contribuíndo a crear a nova xeración de talento galego e potenciando a formación estratéxica dos profesionais creativos ao favorecer a súa especialización na medida das esixencias do mercado e as súas esixencias ou preocupacións actuais.
As xornadas estarán centradas no tema: “O futuro das artes e o deseño, e agora que?”, e terán o seguinte horario:
▫️9.00 h. Recepción.
▫️9.30 h. Felipe Senén
Tradición e creación en Galicia e ante os novos retos.
▫️10.15 h. Xurxo Baca @xurxobaca
Todo era campo
▫️11.00 h. Amaia Roldán e Romina Portela (Cuarto Pexigo)
Cuarto Pexigo. Proxecto Pigmento vivo
▫️11.45 h. Descanso
▫️12.15 h. Ramón Santos
La Crisálidada, de negocio tradicional a fenómeno viral.
▫️13.00 h. Paz Picallo Díaz e Enrique Saavedra Martínez
VermisLab. Deseñar con sentido: innovación centrada nas persoas.
Grazas ao IES Rosalía de Castro por acollernos nas súas instalacións.
