







encontro
DIDAC. Santiago de Compostela
Este venres 20 de febreiro, a Fundación DIDAC acolle unha nova cita do ciclo de conferencias de O arquivo de Barro nunha conversa entre Xosé Salgado e Pepe Barro, dous nomes clave no deseño galego contemporáneo, unidos por décadas de colaboración e compromiso coa cultura visual de Galicia.
Desde 1988 e ata a súa disolución, Salgado formou parte como membro asociado de Grupo Revisión Deseño, xunto con Pepe Barro, Xosé Díaz e Lia Santana. Durante esa etapa participou activamente na maior parte dos proxectos do estudio, consolidando unha liña de traballo baseada na reflexión crítica, na coherencia conceptual e nunha forte dimensión autoral. A experiencia compartida en Grupo Revisión marcou unha xeración de profesionais e contribuíu decisivamente á modernización da comunicación visual en Galicia.
A conversa con Pepe Barro na Fundación DIDAC será unha oportunidade para afondar nunha traxectoria compartida que é tamén parte fundamental da historia recente do deseño galego. Unha historia de colaboración, asociación creativa e construción colectiva de identidade visual.
Este proxecto conta co apoio do Ministerio de Cultura, da área de cultura da Deputación de Coruña e do Concello de Santiago de Compostela.
20.02.2026
19H
Fundación DIDAC
