DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Transition in context Costa da morte

 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

mércores, 25 abril, 2018 - 20:00

Os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco presentan xunto a Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña o proxecto Transitions in context. Between territory and architecture. Costa da Morte.

Transitions in context. Between territory and architecture. Costa da Morte, proxecto patrocinado pola Deputación da Coruña, foi mostrado por primeira vez entre o 28 de maio e o 27 de novembro do 2016 na exposición Time Space Existence no Palazzo Mora como evento paralelo a 15ª International Architecture Exhibition – La Biennale di Venezia (2016). O proxecto, presentado en forma de maqueta, configúrase a partir dunha superposición de imaxes da paisaxe da Costa da Morte xunto coa obra realizada no territorio polo estudo de arquitectura Creus e Carrasco.

O deseño da maqueta, en forma de capas, permite facer referencias a diversos elementos relacionados con cada un dos proxectos arquitectónicos entre os que figuran a remodelación do porto de Malpica (2009), un proxecto de intervención para uso residencial nunha serrería (Portanxil-Ames, 2008) ou a edificación da Casa Chao (Corcubión, 2014), Casa en Toba (Cee, 2005) e Casa Louro (Muros, 2007). A superposición de imaxes con información do traballo de Juan Creus e Covadonga Carrasco, permite atravesalo e descubrir a transición entre o territorio e a arquitectura, entendidos como unha síntese.

A presentación estará acompañada da proxección do vídeo realizado por David Creus Andrade que, ao igual ca maqueta, foi presentado na exposición Time Space Existence inaugurada no Palazzo Mora e mostra imaxes arquitectónicas postas en relación coa paisaxe.