encontro
Juan Creus (Cee, 1966) e Covadonga Carrasco (Ribadeo, 1965) comparten traballo profesional desde 1994 dentro da oficina CREUSeCARRASCOarquitectos. Xuntos editan RESINA (REvista de los Seres sIN Arquitectura) a través da súa web e en formato Caixa de Fichas.
En 2016 foron merecedores do Premio Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo BEAU e do Premio Galego de Arquitectura polo seu proxecto de Casa Chao en Corcubión. No mesmo ano o seu traballo de remodelación do porto de Malpica foi seleccionado por Carlos Quintáns e Iñaqui Carnicero para formar parte do pavillón español da Bienal de Venecia e mereceu o Ar + Emerging Architecture Award outorgado por Architectural Review e o RIBA. Entre os seus traballosmáis destacados atópanse o edificio da Fundación Luis Seoane de A Coruña (Premio COAG de Rehabilitación 2005) e a súa intervención para a lonxa de Fisterra (Premio Enor de Arquitectura 2007). Juan Creus é ademais membro da Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega desde 2007 e Profesor na ETSA e EICCP de A Coruña. É Codirector da revista O monografías do COAG. Covadonga Carrasco foi membro do ARCH de Santiago de Compostela (1997).