Obradoiro
DIDAC. Santiago de Compostela
Os obradoiros do FEED, o foro de deseño de carácter bianual que organiza a DAG, Asociación Galega de Deseño, co patrocinio de AGADIC chega á súa quinta edición sen perder o espírito co que naceu: servir de punto de encontro para compartir as experiencias de profesionais do deseño, tanto galegos como de ámbito nacional. Unha vez máis celebraranse en DIDAC, sendo o primeiro deles, Pasando revista, a cargo de Artur Galocha, e desenvolverase o venres 4 de outubro entre as 09.30 e as 13.30 h. Catro horas en que os participantes terán que conceptualizar e dar forma a unha revista. O sábado día 5 de outubro, no mesmo horario, será a vez do deseñador UX Danny Saltaren e do seu obradoiro dixital enfocado na xestión de equipos e na mellora de procesos.
Obradoiro: Pasando revista (Artur Galocha)
Nas catro horas do obradoiro os participantes conceptualizarán unha revista e daranlle forma. Desde o bosquexo, a portada, as seccións, a retícula, a elección de tipografías… ata facer unhas páxinas que sirvan para dar unha idea do estilo de revista que se busca. Traballarán con InDesign, mais, sobre todo, coa cabeza. Será necesario levar ordenador propio con InDesign instalado.
Ver programa completo e inscricións
O FEED 2019 conta co apoio fundamental de AGADIC e da Xunta de Galicia; e este ano, ademais, coa colaboración do Concello de Santiago, Auditorio de Galicia, Fundación DIDAC, Agencia Gráfica, Axeitos&Co, Serilúa, Fedrigoni e as Escolas de Deseño de Galicia.