DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Arte e gastronomía. Chef Marco Gomes de Oficina en A Tafona de Lucía Freitas

Oficina en A Tafona
 
encontro
Restaurante A Tafona by Lucía Freitas. Santiago de Compostela

sábado, 5 maio, 2018 - 21:00

Co gallo da exposición do artista portugués João Louro. o restaurante Oficina de Porto traslada a súa sede por unha noite a Santiago de Compostela ao restaurante A Tafona de Lucía Freitas, onde o chef Marco Gomes deleitaranos cun menú degustación do noso país veciño, coa súa cociña na que se achega á dimensión artística contida na concepción de cada novo prato, sen perder o contacto coa tradición. Esta experiencia gastronómica será servida cunha exquisita selección de viños portugueses. Facendo eco dos "jantares temáticos" aos que xa nos teñen acostumados na Oficina, nos que personalidades ligadas á cultura son convidadas a falar da súa paixón pola comida, será o artista João Louro o que nos acompañará esta noite. Esta experiencia única será limitada a tan só 40 prazas polo que é necesario facer a reserva. O prezo é de 75 € e para os amigos de DIDAC é de 60 €