DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Relatos dende (as entrañas de) unha exposición - Fernando Gómez de la Cuesta

 
formación
DIDAC. Santiago de Compostela

mércores, 11 decembro, 2019 - 16:30 a venres, 13 decembro, 2019 - 19:00

Relatos dende (as entrañas de) unha exposición é un obradoiro participativo e creativo impartido polo comisario e crítico de arte Fernando Gómez de la Cuesta, centrado na realización dinámica e posterior posta en común dalgúns dos diferentes tipos de textos que aparecen asociados a unha exposición. Neste caso a proposta dende a que xurdirán estes escritos é incoherént walk da artista Irene Grau para a Fundación DIDAC de Santiago de Compostela.

Os alumnos irán investigando, concibindo, elaborando, traballando, profundando e compartindo algúns dos diferentes escritos que poden xurdir dende este singular proxecto expositivo, mentres se vai dando forma, de maneira colectiva, a un corpus textual cheo de achados e retro-alimentacións, que irá aumentando, estendendo e ramificando esta proposta.

O obradoiro está dirixido a estudantes de Historia da Arte ou Belas Artes que queiran realizar unha aproximación ao labor de comisariado de exposicións, pero tamén a todos aqueles que queiran profundar nas prácticas curatoriais contemporáneas, comisarios, artistas, coleccionistas, técnicos ou xestores, con especial interese na realización de textos asociados á creación contemporánea.

Fernando Gómez de la Cuesta (Córdoba, 1976) é crítico de arte en ABC Cultural, comisario independente de exposicións, investigador e docente con base en Mallorca. Licenciado en Historia da Arte pola UIB e en Dereito pola UB. Presidente territorial do IAC Baleares e Vocal da ACCAIB. Foi curador residente no Casal Solleric de Palma con diferentes ciclos de exposicións (2010-2013), comisario do proxecto de residencias de artistas CRIdA do Concello de Palma (2011-2012), director do festival de fotografía Palma Photo (2013-15) e da Feira de Arte Contemporánea MARTE de Castellón (2018). Os seus escritos foron publicados en diferentes países e destaca o seu labor como docente, conferenciante ou coordinador de programas de formación, obradoiros, palestras e seminarios. Ten comisariado exposicións de artistas como Carlos Aires, Ana Laura Aláez, Irene de Andrés, José Luis Serzo ou Javier Valhonrat entre outros.

Datas e horario: 11, 12 e 13 de decembro. De 16.30 a 19.00 h.

Matrícula: 20 euros

Inscricións: actividades@didac.gal

Lugar: Fundación DIDAC.