
curso-formacion
Galicia. Un século de creación. 1916-2016
DIDAC. Santiago de Compostela
O solpor do século XX, alborada da moda.
O solpor do século XX trouxo unha alborada para a moda e o deseño. A charla fai un percorrido pola escena artística da época salientado publicacións, exposicións e os traballos de deseñadores como Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Gene Cabaleiro e Luís Fortes entre outros.
Román Padín Otero (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, 1966) é licenciado en Dereito e doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo coa tese A articulación da moda no espazo museístico no cambio de milenio. Traballou en diversos sectores industriais, comerciais e artísticos. Dende o ano 2000 é colaborador periódico en prensa escrita e online en temas culturais en publicacións como El Correo Gallego, Faro de Vigo, Artnotes, W art, Magalari, Cavatina, Anuario del diseño, Revista El Duende, Revista Loocou, Serendipia. Tamén colaborou en festivais como o Via Stellae e institucións como Auditorio de Galicia ou CGAC e dictou conferencias sobre moda e arte na Universidade de Vigo e Universidade de Santiago, Museo de Reproducciones de Bilbao e o MAC de A Coruña. Dende 2008 é profesor invitado en Esdemga.