Obradoiro
DIDAC colabora coa DAG acollendo os obradoiros do FEED´17
Se algo caracteriza o traballo do deseñador é a necesidade constante de cuestiónalo ou repensalo todo, de experimentar cousas novas (quer ferramentas ou tecnoloxías, quer novos métodos de traballo ou de organización) de adaptarse e de evolucionar. Unha necesidade que cada vez se torna máis evidente, dada a velocidade á que se producen as mudanzas na sociedade actual.
Na edición deste ano, o FEED quixo reunir un grupo heteroxéneo de profesionais, con facetas moi distintas, para ofrecer ao longo de dous días unha panorámica o máis diversa posíbel do traballo do deseñador: diferentes ámbitos de especialización do deseño, diferentes metodoloxías de traballo, de organización, de relación…
3/11/2017. Obradoiro de visual thinking. 9.15-13.30 h.
Prazas limitadas. Imparte Elena Urizar.
4/11/2017. Obradoiro: Curvas suaves – do debuxo á pantalla. 9.15-13.30 h.
Prazas limitadas. Imparte Joana Correia.