DIDAC. Santiago de Compostela
Antón Reixa
Con la colaboración de Francisco Leiro.
Comisario: Xosé Luis García Canido
Realizador: Antonio Segade
Video mapping: Juanma Lobo
Antón Reixa
Con la colaboración de Francisco Leiro.
Comisario: Xosé Luis García Canido
Realizador: Antonio Segade
Video mapping: Juanma Lobo
O 27 de outubro de 2016, Antón Reixa quedou durmido ao volante do seu Audi 4 á altura de Villalpando. Viaxaba de Galicia a Madrid. Diagnóstico: fractura aberta en perna dereita afectando a tibia e peroné, fractura aberta en perna esquerda afectando a óso calcáneo, unha ducia de costelas fracturadas, fractura da vértebra L-2. Este cadro de politrauma aconsellaba indución de coma para evitar colapso respiratorio e proceder ás diversas ciruxías. O coma inducido durou 18 días na UCI do Hospital Modelo (A Coruña). Cando ao autor se lle interrompeu a indución do coma, só lembraba, obsesivamente, que estaba volvendo dunha viaxe a Michigan. O irmán do autor, Pío, agasallouno cunha colección de xornais publicados durante eses 18 días. O paquete lle foi remitido ao artista cunha nota; “e mentres tanto, ti en Michigan”. Durante 18 días (coincidentes có segundo aniversario do accidente), a Fundación DIDAC presenta a exposición MICHIGAN/Acaso Michigan de Antón Reixa, comisariada por Xosé Luís García Canido. Unha instalación que mistura vídeo (Antonio Segade), escultura (Francisco Leiro), banda sonora (Anxo Graña) e vídeo mapping (Juanma Lodo). Diariamente, durante os 18 días que dura a mostra publicarase un diario, “The Michigan Daily”, que recollerá unha noticia de primeira plana dos días no que o artista estivo en coma, outra noticia de primeira plana do día en curso e un texto literario do autor.