Appleton. Lisboa
Misha Bies Golas
Misha Bies Golas
Esta exposición producida por DIDAC é froito dun proxecto de colaboración entre Appleton Square e DIDAC. Esta asociación estratéxica, que será desenvolvido a partir de varias coproducións anuais, responde a un interese común: divulgar e proxectar a arte, o deseño e outras experiencias multidisciplinares no ámbito do creativo.
Misha Bies Golas (Lalín, 1977) é un artista de mínimos, que emprega a modestia dos medios claramente ao seu favor para crear unha obra pragada de referencias a un mundo terreal, absurdo e en ocasións abxecto pero dende a óptico do observador agudo e perspicaz que anda sempre a buscar dar a puntada. A súa actitude para enfrontar o traballo encaixa na dos personaxes da obra de Balzac, a imaxe da bohemia culta, divertida e irreverente, formulando propostas que non encaixan no que se supón que debería ser a mirada perdida e aducida dos artistas na sociedade postmoderna