DIDAC. Santiago de Compostela
Misha Bies Golas
Misha Bies Golas
Esta exposición, producida por DIDAC e comisariada por Mónica Maneiro, ten como punto de partida a exposición Misha Bies Golas. Recordo, celebrada en Appleton Square froito do proxecto de colaboración entre DIDAC e o espazo lisboeta. Esta asociación estratéxica, que se desenvolverá a partir de varias coproducións anuais, responde a un interese común: divulgar e proxectar a arte, o deseño e outras experiencias multidisciplinares no ámbito do creativo. Misha Bies Golas. Recordo, é a primeira das exposicións organizadas en común.
Misha Bies Golas (Lalín, 1977) é un artista de mínimos, que emprega a modestia dos medios claramente ao seu favor para crear unha obra pragada de referencias a un mundo terreal, absurdo e en ocasións abxecto pero dende a óptico do observador agudo e perspicaz que anda sempre a buscar dar a puntada. A súa actitude para enfrontar o traballo encaixa na dos personaxes da obra de Balzac, a imaxe da bohemia culta, divertida e irreverente, formulando propostas que non encaixan no que se supón que debería ser a mirada perdida e aducida dos artistas na sociedade postmoderna
Inauguración venres 26 de maio, 20h