DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Faite membro

DIDAC é unha fundación de interese galego e sen ánimo de lucro, que nace coa intención de divulgar e proxectar o deseño e as artes contemporáneas. Se estás interesado/a en colaborar con nós e apoiar os fins de DIDAC existen diferentes formas de contribución que se detallan a continuación.

SelloCulturaMecenazgo

 

A Fundación DIDAC conta co selo de Cultura e Mecenado concedido polo Ministerio de Cultura y Deporte, a través da Unidade Cultura e Mecenado (dependente da Subdirección General de Promoción de Industrias Culturales y Mecenazgo), que ten como obxectivo avalar as institucións que o teñen, para fomentar o mecenado cultural, dando visibilidade aos proxectos que destaquen neste ámbito.

Segundo a Lei de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos, Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, incorporadas as modificacións que introduciu a Lei 27/2014, de 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades.
Os incentivos fiscais serán aplicables aos donativos, donacións e aportacións irrevocables, puros e simples, realizados en favor das entidades sen fins lucrativos como é a Fundación DIDAC

Os primeiros 150€ desgrava o 80%
Os seguintes desgravan o 35% co límite do 10% da base de cotización
A partir do terceiro ano se a aportación é igual ou superior aos dous anos anteriores, a dedución a partir dos primeros 150 € pasa ao 40% en vez do 35%, sempre co límite do 10% da base de cotización

Unha aportación de 150 € como donación a DIDAC, supón unha desgravación directa no IRPF de 120 € co cal o gasto real é de 30 €

Se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores se tivesen realizado donativos, donacións ou aportacións con dereito a dedución en favor dunha mesma entidade por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do exercicio anterior, a porcentaxe de dedución aplicable á base da dedución en favor desa mesma entidade que exceda de 150€, será o 40%.


AMIGO/A

O obxectivo é reforzar o mantemento do proxecto cultural e axudar a establecer unha relación de cercanía coas audiencias.

- Acceso prioritario e 20% de desconto en todos os nosos cursos, talleres e conferencias
- Regalo dunha das nosas publicacións e 20% de desconto na compra de calquera publicación editada por DARDO ou DIDAC.
- 10% de desconto en calquera produto da tenda-librería DIDAC

Aportación anual 150 €

FAITE AMIGO


Contamos coa colaboración de:
 
Ministerio de Cultura
Xunta de Galicia
Deputación da Coruña
Concello de Santiago de Compostela
Espazo colaborador:
Appleton