DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Taller infantil con Patrick Hamilton

Patrick Hamilton
 
MINI-DIDAC
DIDAC. Santiago de Compostela

sábado, 7 setembro, 2019 - 12:00

Ao fío da exposición El ladrillo II do artista chileno Patrick Hamilton a Fundación DIDAC propón este obradoiro para nenas e nenos no que se adentrarán na obra deste artista chileno que traballa no eido da arte conceptual.

A partir da súa obra os nenos e nenas xogarán cos límites da pintura, realizando exercicios para a construción dunha obra a partir de elementos preexistentes e na liña da pintura expandida. Para iso utilizarán materiais propios da construción e albanelería como lixas ou espátulas.

Lugar: Fundación DIDAC
Data: Sábado 7 de setembro
Horario: 12.00 a 13.30 h
Nº de prazas: 15
Idade das nenas/os: de 5 a 9 anos
Prezo: 8 € un cativo/a // 14€ dous cativos/as

FORMULARIO DE INSCRICIÓN