1. Identidade
Calquera actividade creativa presenta uns atributos ou señas de identidade que a definen: Galicia, o contexto ibérico e o seu eixo atlántico, son os nosos.
2. Conectividade
A promoción de calquera experiencia creativa debe favorecer conexións, algunhas impensables, entre os distintos axentes e disciplinas.
3. Transferencia
A transmisión de coñecemento é necesaria para posibilitar a creatividade entre xeracións e poñer en valor as diferentes expresións culturais.
4. Innovación
Do mesmo xeito que outras, as industrias creativas deben renovarse e poñer en valor a súa capacidade para propoñer novas solucións e modelos.
5. Independencia
A participación do proceso creativo debe realizarse con libertade de pensamento e sen máis limitacións que as éticas.