
curso-formacion
DIDAC. Santiago de Compostela
A expresión da Galicia moderna (1916-1936)
O deseño gráfico é a linguaxe que expresa a Galiza moderna, un espazo político e cultural diferenciado da cultura española construído en vinte anos (1916-1936).
Houbo excepcións pero antes de 1916 quen se dedicara á creación cultural tería que emigrar á cultura española. A partir das Irmandades da Fala desenvólvese en Galiza un entusiasta movemento cultural variado e transversal, mesmo vangardista.
O deseño da Galiza moderna expresa a confrontación ética e estética, dá a imaxe do precario desenvolvemento industrial, e sinala o rebulir das pequenas cidades, que aínda en 1930 só acollen o 13,5 % da poboación. Despois de 1936, o exilio mantén a chama da modernidade galega.
Pepe Barro (Pontedeume, 1955). En corenta anos de actividade profesional, o conxunto do seu traballo pode entenderse como unha lectura da Galiza que renova os seus sinais de identidade, incorporando as linguaxes do deseño internacional. Algúns traballos coñecidos: identidade gráfica da Universidade da Coruña ou da empresa Denodo, os primeiros “cuponazos” da Once, a camiseta da Selección Galega de Fútbol, a web da Real Academia Galega, a renovación da Casa de Rosalía de Castro.En 2000 o Museo Reina Sofía, elixiu o de Turgalicia coma un dos cen signos do século XX.O libro Mis queridos diseñadores de Enric Satué dedícalle un capítulo.