DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Vítor Vaqueiro

 
curso-formacion

Galicia. Un século de creación. 1916-2016

Centro Torrente Ballester. Ferrol

xoves, 30 novembro, 2017 - 19:00

A parcial frustración das estratexias da modernidade na fotografía galega

A parcial frustración das estratexias da modernidade na fotografía galega tenta por de manifesto como o golpe militar de 1936 constituíu un bloqueo na posible evolución da fotografía galega, que ficou ancorada no período anterior á guerra. A través das figuras de Schmidt de las Heras e Veiga Roel, móstranse proxectos, de tendencia pictorialista, que permanecen ancorados no tempo, mentres posibilidades como o surrealismo, a fotografía subxectiva, a abstracta ou a conceptual fican practicamente expulsadas da práctica fotográfica cotiá.

Vitor Vaqueiro Foxo (Vigo, 1948) é licenciado en Química e doutor en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente en situación de xubilado, foi profesor de matemáticas de Ensino Medio e de fotografía na Universidade de Santiago de Compostela. Conferenciante, crítico e historiador da fotografía, con artigos en publicacións galegas e de fora do país, ten publicado uns vinte libros de etnografía, fotografía, narrativa, poesía e divulgación. Posúe os premios de poesía Esquío e da Crítica española, e o Irmandade do Livro.