DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Obradoiro de arquitectura con Creus e Carrasco e a educadora Alba Cacheda

 
MINI-DIDAC
DIDAC. Santiago de Compostela

sábado, 19 maio, 2018 - 11:30

Co gallo da presentación de Transitions in context. Between territory and architecture. Costa da Morte, proxecto patrocinado pola Deputación da Coruña, do estudo de arquitectura Creus e Carrasco, organizamos un obradoiro para nenos e nenas entre 5 e 9 anos. Nesta actividade os cativos terán a oportunidade de achegarse ao traballo dos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.

O obradoiro será guiado pola nosa educadora Alba Cacheda e contará coa presencia dos arquitectos Creus e Carrasco xunto aos que os/as participantes experimentarán coa arquitectura en relación á escala por medio da maqueta.

Para realizar a inscrición é necesario encher o formulario que aparece a continuación e remitilo cuberto a actividades@didac.gal.

Data: sábado 19 de maio
Hora: 11:30 a 13:30h
Nº prazas: 15
Idade dos nenos/as: de 5 a 9 anos
Prezo matrícula: 10€ por neno/a // 18€ dous irmáns/ás

Precio matrícula: 
10.00€