DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Presentación do primeiro libro de Ana Fontenla Números vermellos

 
Presentación
DIDAC. Santiago de Compostela

venres, 15 marzo, 2019 - 19:30

Presentación do primeiro libro de Ana Fontenla Números vermellos
Con Ana Fontenla e a artista Carla Souto

Editado por Galaxia, Números vermellos pode definirse como un montón de relatos, textos, poemas, monólogos, diálogos, excursións lingüísticas… para abordar unha vida en permanentes números vermellos. Mais non estamos a falar, só, de economía, que tamén, senón de todas as anemias que trae consigo a precariedade, a incerteza, a dúbida, as leas da vida moderna para alguén que quere abrirse camiño no traballo, no amor, na procura da propia identidade feminina, a través dunha narradora que se converte en protagonista retrátase unha sociedade, a nosa, fragmentada, difícil, moitas veces desesperanzada, sobre todo para a xente máis nova.

Un libro cheo de triplos saltos mortais dunha escritora que nos interpela e pregunta con canonazos enviados directamente á liña de flotación das nosas conciencias.

E con moito humor. Que non falte.
Xa que estamos en números vermellos.