DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Irene Grau


 

Irene Grau

ISBN: 
978-84-92772-62-9
Autor/es: 
Ángel Calvo Ulloa, Álvaro Negro, Enrique Vila-Matas, Brett M Levine, Irene Grau
Edición: 
DARDO, Fundación DIDAC
Deseño: 
Dídac Ballester
Idiomas: 
English / español
Formato: 
15,5 x 22 cm
Nº de páxinas: 
216

A Fundación DIDAC en coedición con DARDO editan esta publicación bilingüe inglés-castelán, na que se recollen as obras máis destacadas da artista valenciá Irene Grau durante os últimos anos.
No seu traballo a pintura desprégase como un work in progress que ten na acción de camiñar un espazo de tránsito no que desenvolverse fóra do taller ou o espazo expositivo, para logo voltar a estes en forma de rexistro e acción. Xunto ao seu proxecto para o MMoCA de Madison, en Estados Unidos, no que buscaba a participación do espectador, ou a súa instalación Caer y rodar, resultado da súa residencia no Ateliêr Fidalga en São Paulo, proxectos como Ningún lugar en particular, que lle valeu o premio Generación 2018 na Casa Encendida, conviven no libro con outros traballos anteriores como a súa serie Color Field, realizada entre 2014 e 2015 e que supuxo un antes e un despois na súa incipiente e prometedora carreira artística.
O libro, envolvido por unha cuberta totalmente inundada de natureza creada a través de imaxes impresas a unha soa tinta sobre cartulina especial verde, xoga cun deseño no que as imaxes son protagonistas esenciais dando relevancia especial á obra. Estas contextualízanse con textos de presentación dos diversos proxectos, e o sustento teórico dano os escritos dos comisarios Ángel Calvo Ulloa e Brett M. Levine e sendas conversacións mantidas pola artista co tamén pintor Álvaro Negro e o escritor Enrique Vila-Matas.

Impresión: La Imprenta CG
Coordinación: Maus Contemporary

ADQUIRIR A PUBLICACIÓN - DARDOstore

Data de publicación: 
novembro, 2018