Noturno. Sandra Cinto.




Noturno. Sandra Cinto.
Álbum xaponés con 8 corpos. Debuxo de Sandra Cinto e texto de David Barro.
Edición limitada de 500 exemplares firmados por Sandra Cinto
O de Sandra Cinto é un traballo que abrazo o afectivo, deses que entenden que o revolucionario non debe chegar desde a violencia senón desde o restpecto. Seguramente ese é o verdadeiro lugar da arte e por iso a artista propón unha viaxe sobre o presente, universal e individual, expandindo aínda cando a súa dirección é cara adentro, revelando un particular compromiso con ese presente que, en moitos casos, tínguese de negro e apágase. Porque Nocturno é a ocultación dunha desesperanza paradoxicamente esperanzadora. De aí esa sensación abismal. A paisaxe ofrécesenos como desposesión e a súa inmensidade convoca unha nostalxia indescriptible. As imaxes flotan como ruinas da memoria, convidando a adentrarse na beleza do inconmesurable dunha paisaxe desprovista de figuras, como na pintura romántica, aquela que se agarrou a viaxe onírica da noite. Esa grandeza da tiniebla é asumida pola Canción de noite que Nietzsche pon en boca de Zaratustra. Porque na noite a paisaxe difumínase e hai que ser valente para poder avanzar (...) David Barro
AGOTADO
