DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Ojea Studio

 

Nigrán, 1983

Artesana cermista

Colección Cut&Fold

Paula Ojea é ceramista e enxeñeira galega, fundadora do taller Ojea Studio. A súa formación e experiencia como enxeñeira e a contorna que lle rodea fai que a súa cerámica sexa particular. A maioría das pezas están feitas a man, de aí a singularidade de cada unha delas, presentando pequenas irregularidades que lle dan personalidade e son o resultado da precisión e imperfección, da exactitude e distinción. Entre as súas coleccións atópase a colección Cut& Fold, 2015, pezas inspiradas neses motivos marítimos que a envolven no seu día a día e en estruturas de enxeñería como poden ser os portos de mercadorías. A súa sensibilidade e delicadeza fan que lembren a figuras de papel encartadas que se inclinan en varias direccións. As obras de Paula Ojea fusionan a cerámica, o deseño e a escultura.