DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Obradoiro infantil con Antón Reixa

 
MINI-DIDAC
DIDAC. Santiago de Compostela

sábado, 10 novembro, 2018 - 12:00

Con motivo da exposición MICHIGAN / Acaso Michigan que se celebra na Fundación DIDAC ata o 13 de novembro, preparamos este obradoiro para achegar a narrativa e o audiovisual ás nenas e nenos. Dentro do programa MINI-DIDAC, a actividade contará coa presenza do artista, produtor e escritor Antón Reixa e a educadora Alba Cacheda.

O obradoiro comezará con unha performance/acción coa que reflexionaremos sobre o soño. A segunda parte estará adicada a preparación dun relato que poderá ser feito polos participantes a través da escrita, o debuxo, a pintura, etc.

Tentaremos achegar aos nenos ás sensacións de Antón Reixa a través das imaxes dos soños e o que pensamos cando durmimos. Interactuaremos coa instalación de Antón Reixa e realizaremos un traballo creativo que nos axude a achegarnos a estas ideas.

Lugar: Fundación DIDAC
Data: Sábado 10 de novembro
Horario: 12:00 a 13:30 h
Nº de prazas: 15
Idade dos nenos: de 5 a 9 anos
Prezo: 8€ un neno/a // 14€ dous irmáns/ás