DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

diseño editorial

 

Bruselas, 1902 – Reino Unido, 1981

Educador.

The First Great Inventions

Fabricante: 
Max Parrish & Co

Co obxectivo de mellorar a comunicación pedagóxica na Europa de entreguerras naceu unha maneira de ordenar a información a partir de signos visuais ou pictogramas estatísticos que permitían vencer as limitacións da linguaxe verbal. Este proxecto coñeceuse como «o método vienés», pero pronto foi denominado Isotype (International System of Typographic Picture Education). O seu creador foi o sociólogo Otto Neurath, pero en todo iso foi fundamental a científica e matemática María Reidermeister —máis tarde coñecida como Marie Neurath—, que encabezaba un equipo capaz de transformar en diagramas os datos verbais para traballar en colaboración con artistas gráficos a súa execución final. Marie Neurath producirá máis de oitenta libros infantís dunha calidade asombrosa, onde a cor se emprega para engadir significado e claridade, nunca como decoración. Aprehender o esencial, saber utilizar a comparación, dirixir a atención e auscultar o sentido de todos os detalles da imaxe eran claves imprescindibles para ela que conseguía resolver ao traballar con equipos de investigadores, escritores e ilustradores, dirixindo todas as etapas do proceso para acadar unha precisión científica.

 

Vigo, 1948 – 2001

Pintor e deseñador gráfico.

Deseños de Francisco Mantecón e Manuel Janeiro para portadas de libros da Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia fundouse en 1950 coa vocación de recuperar a significación histórica e o valor cultural da lingua galega na creación e na transmisión de pensamento. Simultaneamente comezou a publicar a revista cultural Cadernos Grial. Impulsada por ilustres galeguistas como Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto —a quen se lle debe o primeiro logotipo— contará con deseños e ilustracións de artistas como Luís Seoane ou Carlos Maside, aínda que serán os deseños de Xohán Ledo primeiro e de Francisco Mantecón e Manuel Janeiro despois os que dominen as súas populares portadas.

 

Paises baixos, 1955

Deseñador gráfico. Educador.

Revista Emigre 24

A tipógrafa Zuzanna Licko é considerada como unha pioneira no uso dos computadores aplicados ao deseño, aínda que non se limitou ao deseño de tipografías para computadores, senón que ideou a maneira de compartir o que creaba con outros deseñadores que as utilizaban. A súa principal forza é a exploración, o desafío, como cando recuperou tipografías clásicas e adaptounas ás novas tecnoloxías, renovando o seu deseño. Co seu compañeiro Rudy Vanderlans, crearon a revista Emigre, onde se saen dos límites, das regras arraigadas, desafiando ao deseño e establecendo novos estándares que permanecen vivos no presente.

 

Eslovaquia, 1961

Deseñadora gráfica

Revista Emigre, 24

A tipógrafa Zuzanna Licko é considerada como unha pioneira no uso dos computadores aplicados ao deseño, aínda que non se limitou ao deseño de tipografías para computadores, senón que ideou a maneira de compartir o que creaba con outros deseñadores que as utilizaban. A súa principal forza é a exploración, o desafío, como cando recuperou tipografías clásicas e adaptounas ás novas tecnoloxías, renovando o seu deseño. Co seu compañeiro Rudy Vanderlans, crearon a revista Emigre, onde se saen dos límites, das regras arraigadas, desafiando ao deseño e establecendo novos estándares que permanecen vivos no presente.

 

Deseñadora gráfica

Rusia, 1975

Sculpture Today

Fabricante: 
Phaidon editorial

Deseño do libro Sculpture Today e da tipografía que ilustra a portada do mesmo para Phaidon, 2012

De orixe rusa e afincada en Londres, Sonya Dyakova é especialista en deseño editorial e tipográfico. É a directora e fundadora do estudo de deseño interdisciplinar Atelier Dyakova, unha axencia de comunicación visual que traballa con artistas, institucións culturais e marcas innovadoras. É ademais responsable da dirección artística da revista Frieze, que ela mesma redeseñou no ano 2012. O seu interese pola arte e a arquitectura levárona a traballar para estudos como Vince Frost e Kerr/Nobre e a asumir o posto de directora artística de Phaidon Press, empresa á que se incorpora no ano 2005. Durante esta etapa, Dyakova encargouse do deseño de publicacións de arte contemporánea, moda, deseño, arquitectura ou fotografía, traballando xunto a Alan Fletcher. O seu estilo caracterízase pola experimentación conceptual e tipográfica e un profundo interese polos detalles, pola tactilidade de cada deseño e a súa inspiración conceptual.

 

Directora creativa

Libros da marca Martínez Otero

Fabricante: 
Unconventional London

Nuria Carballo é deseñadora e directora creativa con experiencia internacional en varios sectores como creadora de novas ideas, conceptos e marcas audaces. O estudo do que é fundadora, Unconventional London, é unha firma de innovación, deseño e comunicación con sede en Londres e oficinas en Nova York, Shanghái, Madrid e Lisboa. O seu traballo analiza as tendencias da industria, as relacións e as necesidades sociais para mirar cara ao cambio e propor novas lecturas ou solucións. A creatividade está incentivada pola procura e análise de todo aquilo que a rodea, pero tamén pola atracción de sectores como a poesía, o cinema, a música ou a filosofía, entre outros, que estimulan a asociación de ideas para establecer novas abordaxes creativas. Aliada coa firma galega de fabricación de mobiliario e interiorismo Martínez Otero, Nuria Carballo deseñou diferentes propostas gráficas para a marca unindo os seus potenciais para lograr o equilibrio entre sobriedade e clasicismo.

 

Artista e deseñador

Italia, 1892-1960

Depero Futurista

Ed. fascimilar de Thames&Hudson

Se atendemos á relación entre arte e deseño gráfico, se alguén destacou dentro desa hibridación foi Fortunato Depero, que en 1915 asinara con Giacomo Balla o manifesto A reconstrución futurista do universo. Deseñador de carteis, tipógrafo e publicista, evolucionará do realismo social ao futurismo tras o impacto que lle produce a revista Lacerba. En 1927 realizará as dúas achegas craves da súa contribución á historia. Por unha banda, o pavillón que deseña para editores na Feira Internacional de Artes Decorativas de Monza. Por outro, a publicación do seu libro Depero futurista, un libro de artista que propuña novas formas para a publicidade. Na súa portada dous grandes pernos cromados salientan a súa condición de obxecto, á vez que anuncian a apropiación de elementos de produción industrial que se tornará práctica habitual en posteriores traballos futuristas. A Depero débenselle algúns dos máis interesantes anuncios de Campani ou Magnesia S. Pellegrino, así como portadas de revistas como Vogue, Vanity Fair, Sparks ou Movie Makers. Para Depero a arte do futuro era publicitaria. 

 

 

Madrid, 1951

Ilustrador e deseñador gráfico

Deseños de Francisco Mantecón e Manuel Janeiro para portadas de libros da Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia fundouse en 1950 coa vocación de recuperar a significación histórica e o valor cultural da lingua galega na creación e na transmisión de pensamento. Simultaneamente comezou a publicar a revista cultural Cadernos Grial. Impulsada por ilustres galeguistas como Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto —a quen se lle debe o primeiro logotipo— contará con deseños e ilustracións de artistas como Luís Seoane ou Carlos Maside, aínda que serán os deseños de Xohán Ledo primeiro e de Francisco Mantecón e Manuel Janeiro despois os que dominen as súas populares portadas.

 

Madrid, 1946-1990

Deseñador

Trece de nieve. Revista 5/6

Diego Lara logrou modernizar a imaxe do deseño editorial en España a partir dos anos setenta. Ligado desde un inicio ao ámbito cultural e artístico, colaborou coa feira de arte ARCO e foi responsable gráfico das publicacións da fundación Juan March entre 1974 e 1982, ademais de participar da dirección de revista Poesía, editada polo Ministerio de Cultura, entre 1979 e 1981. O seu estilo supuxo, dalgunha maneira, un cambio de paradigma nos proxectos gráficos e culturais da época, destacando unha liña visual conceptual e elegante de potente influencia pictórica. Trece de nieve foi un proxecto editorial sobre poesía dirixido por Gonzalo Armeiro e Mario Hernández que incluía unha serie de libros, cadernos e unha revista. Diego Lara encargouse da imaxe de portada do número 5/6, para a cal tomou a imaxe da escultura American Nude (1963) do artista pop Charles Frazier. Esta réplica da icónica botella de coca cola á que o artista engade atributos femininos (obxectualizando o concepto de corpo en relación ao consumo) é trasladada por Lara ao formato bidimensional para outorgar un novo significado onde a crítica e a ironía manteñen a súa vixencia a través da cor.

 

Pontedeume, 1955.

Deseñador.

Beiramar

En corenta anos de actividade profesional, o conxunto do traballo de Pepe Barro pode entenderse como unha lectura da Galiza que renova as súas sinais de identidade, incorporando as linguaxes do deseño internacional. Algúns traballos coñecidos: identidade gráfica da Universidade da Coruña ou da empresa Denodo, os primeiros “cuponazos” da Once, a camiseta da Selección Galega de Fútbol, a web da Real Academia Galega, a renovación da Casa de Rosalía de Castro. En 2000 o Museo Reina Sofía, elixiu o de Turgalicia coma un dos cen signos do século XX.O libro Mis queridos diseñadores de Enric Satué dedícalle un capítulo. Este deseño serve de portada ao libro Beiramar, onde Xosé Manuel Martínez Oca narra o acontecido en Beiramar, vila ribeirá, abalada por unha manifestación posfranquista contra a 'reducción de plantillas' nos asteleiros Beirarsa.

Páxinas