DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Galicia

 

Xinzo de Limia, 1938 - Vigo, 2019

Deseñador, editor e publicista.

La arruga es bella

Fabricante: 
Adolfo Domínguez

Campaña de publicidade “La arruga es bella” (A engurra é bela) para Adolfo Domínguez

Luis Carballo foi un publicista e deseñador referente no sector da moda en Galicia, da que será o gran impulsor da súa imaxe e chave da súa expansión nos anos oitenta. No ano 1959 fundou a súa axencia de publicidade e realizou importantes campañas, das que “La arruga es bella” (A engurra é bela) para Adolfo Domínguez é unha das máis recoñecidas. Adolfo Domínguez introduciu o liño na moda e colaborou con Luis Carballo para realizar a campaña de presentación da nova colección, buscando sinalar que, aínda que a roupa non estivese perfectamente planchada, podía ser igualmente elegante, servindo o liño case coma segunda pel. O slogan “La arruga es bella” conseguiu ir máis alá do estético para reivindicar a naturalidade.

 

A Coruña, 1921 – 2013

Artista plástica e deseñadora.

Mar adiante

Fabricante: 
Ediciós do Castro

Mar adiante. Historias de nenos pra nenos. Autora: Mª Victoria Moreno Marquez. Ilustradora: Carmen Arias

Carmen Arias “Mimina” (1921 - 2013), foi compañeira de Díaz Pardo na vida e en moitos dos seus proxectos durante décadas. Sempre mostrando o seu compromiso por Galicia, a ela débenselle algúns dos primeiros deseños de Cerámicas do Castro e os seus coñecementos levárona a montar o taller de decoración das porcelanas. Entre outras cousas, ocuparase das ilustracións das coñecidas vaixelas infantís de Sargadelos. Tamén foi creadora da liña de xoias de porcelana Placas María e das ilustracións do libro Mar adiante.

Mar adiante é un libro de relatos infantís escrito por Mª Victoria Moreno Márquez, editado por Ediciós do Castro. Con deseño de cuberta e ilustracións realizadas por Carmen Arias, as verbas de Mª Victoria Moreno combínanse con delicados debuxos resoltos a partir do verde, o negro e o vermello que permiten que o público infantil se identifique coas historias da autora, onde priman coñecidos personaxes como vermes, nenos, mariñeiros, estrelas, gaivotas, ventos, lobos, peixes...

 

A Coruña, 1978 

Artista e ceramista

Nordés

Porcelana, pigmentos cerámicos e cabo de esparto/medidas variables

Esta obra forma parte dun conxunto de pezas que configuran o proxecto Portas do mar realizado en 2021. O seu título, Nordés, fai referencia ao vento característico do clima atlántico pero a obra remite principalmente á comunicación. As pezas que a compoñen conteñen as marcas dos mariñeiros, "marcas poveiras", un sistema de comunicación visual empregado polos pescadores de Póvoa de Varzim (Portugal) durante séculos. Ademais, a través da apropiación desta escritura primitiva, as siglas do nome propio da ceramista transfórmanse en remo, gaivota e anzol reproducidas a man, como un esgrafiado, sobre a porcelana.

 

Santiago de Compostela, 1971

Artista

Class of the 2013

Pancartas de lona plástica impresas. 500x85 cm

Suso Fandiño revisa algunhas das correntes e imaxes icónicas da historia e a historia da arte para reinterprelas, outorgando sempre novos significados que esconden unha lectura irónica, humorística e crítica. Emprega o apropiacionismo, a seriación, a idea do cómic e a cultura de masas creando imaxes nunha primeira ollada afables que cando observamos por segunda vez esconden mensaxes, reflexións e críticas sobre a sociedade contemporánea. Con ironía, Fandiño utiliza o texto e imaxes instituidas dentro diso que denominamos "contexto da arte" para destilar novas posibilidades e sentidos metafóricos sobre a figura do autor e a súa relación co espectador. Nunha primeira mirada o seu discurso parece fácil, mesmo obvio, pero é nesa pretendida obviedade onde configura a súa radicalidade ante un sistema demasiado correcto. 

 

Fene, 1955

Deseñador

Expresión Atlántica

Expresión Atlántica. Arte Galega dos 80. X. Antón Castro. Editorial Follas Novas, 1985

Formado en deseño en Barcelona, Alberte Permuy funda en 1992 a empresa Permuy Asociados, conformada por profesionais que abarcan diversas áreas de actividade: produción, impresión, identidade corporativa, deseño editorial, branding, logotipos, deseño institucional, de páxinas web e multimedia. O traballo de Alberte Permuy destaca polo seu compromiso coa cultura galega e a procura de símbolos que a identifiquen. As súas creacións foron expostas en diferentes mostras de deseño gráfico en Lisboa, Atenas, Xangai, o MARCO de Vigo ou o Reina Sofía madrileño. Tamén é coñecido pola creación de Xubi, a mascota do Xacobeo dende 2010, e de entidades corporativas para organismos como a Xunta de Galicia ou o Concello de Santiago de Compostela. Neste caso ocúpase da portada do libro Expresión Atlántica, onde Antón Castro fai un repaso pola arte galega dos anos 80. Conformada a modo de colaxe, a portada destaca polo emprego de cores vivas que contrastan entre sí e unha forma antropomórfica que aporta dinamismo á composición, deixando entrever parte desa plástica da icónica xeración Atlántica ao tempo que reforza o seu carácter plural.

 

 

 

Vigo, 1948 – 2001

Pintor e deseñador gráfico

Cartel Vigo O Porto Atlantic

Francisco Mantecón destacou como artista expresándose a través de diferentes técnicas e linguaxes. Fixo carteis e deseños publicitarios para entidades culturais, para organizacións políticas e sindicais e para empresas como Terras Gauda ou Conservas Alfageme. No mundo editorial, traballou para Galaxia, deseñando coleccións como a Dombate de poesía e portadas como as da colección editada nos anos 80 de narrativa; deseñou a colección Cómplice de Edicións do Cumio, os Clásicos Galegos da editorial Sotelo Branco, varias series de Ir Indo Edicións, ou a colección Ferros de Xerais.

 

Vigo, 1948 – 2001

Pintor e deseñador gráfico

Deseño do libro Fumareu

Fabricante: 
Editorial Galaxia

Francisco Mantecón destacou como artista expresándose a través de diferentes técnicas e linguaxes. Fixo carteis e deseños publicitarios para entidades culturais, para organizacións políticas e sindicais e para empresas como Terras Gauda ou Conservas Alfageme. No mundo editorial, traballou para Galaxia, deseñando coleccións como a Dombate de poesía e portadas como as da colección editada nos anos 80 de narrativa; deseñou a colección Cómplice de Edicións do Cumio, os Clásicos Galegos da editorial Sotelo Branco, varias series de Ir Indo Edicións, ou a colección Ferros de Xerais, á que pertence este libro. Nesta portada aprécianse algunhas das súas sinais de identidade como o emprego de formas xeométricas e a preferencia polo monocromo.

 

Deseñador.

A Coruña, 1949.

Luis Seoane. Obra poética

Fillo do polifacético Isaac Díaz Pardo e alumno de Luis Seoane —que será unha influencia fundamental como tamén o será José Martínez Guerricabeltia, creador e director da editorial parisina Ruedo Ibérico e gran coñecedor da tipografía contemporánea—, Xosé Díaz naceu nun mundo de formas, gráficas, deseño e industria. Graduado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro fundador de Grupo Revisión e en 1995 emprende a súa traxectoria en solitario con Imago Mundi Deseño. Seguindo o seu particular linguaxe analítico, Xosé Díaz da forma á portada do libro Luis Seoane. Obra poética editado por Edicións Do Castro, onde xenera unha sorte de retícula que emprega a repetición, as formas xeométricas e a combinación da cor e a escala de grises como recursos plásticos.

 

Deseñador

A Coruña, 1949.

O misterio das badaladas

Fillo do polifacético Isaac Díaz Pardo e alumno de Luis Seoane —que será unha influencia fundamental como tamén o será José Martínez Guerricabeltia, creador e director da editorial parisina Ruedo Ibérico e gran coñecedor da tipografía contemporánea—, Xosé Díaz naceu nun mundo de formas, gráficas, deseño e industria. Graduado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro fundador de Grupo Revisión e en 1995 emprende a súa traxectoria en solitario con Imago Mundi Deseño. Xosé Díaz ilustra aquí a portada do libro O misterio das badaladas de Xabier P. Docampo, servíndose de tres elementos chave: un reloxo, campás e a fachada dunha igrexa, elementos que compoñen un diálogo entre sí mentres manteñen a súa independencia, reforzada pola neutralidade dun fondo laranxa que imprime un carácter case onírico ao conxunto.

 

A Coruña, 1949.

Deseñador

Deseño do disco Fonte do Araño de Emilio Cao

Fillo do polifacético Isaac Díaz Pardo e alumno de Luis Seoane —que será unha influencia fundamental como tamén o será José Martínez Guerricabeltia, creador e director da editorial parisina Ruedo Ibérico e gran coñecedor da tipografía contemporánea—, Xosé Díaz naceu nun mundo de formas, gráficas, deseño e industria. Graduado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro fundador de Grupo Revisión e en 1995 emprende a súa traxectoria en solitario con Imago Mundi Deseño. Nos anos 70 deseña pezas para Sargadelos e produtos gráficos como este disco de Emilio Cao. Iniciador da corrente celta e pioneiro na recuperación da arpa dentro da música tradicional galega como instrumentista dos primeiros cantantes de Voces Ceibes, Emilio Cao presenta o seu primeiro disco titulado Fonte do Araño, fundamental para entender a evolución da música en Galicia. Neses anos setenta, como sinala Pepe Barro, prodúcese tamén unha celtización gráfica popular da que é un exemplo paradigmático este disco deseñado por Xosé Díaz, basado na forma do castro de Armea pero cun aire marcadamente pop.

Páxinas