DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

diseño editorial

 

Deseñador e creativo.

Publicación sobre a tipografía de Nokia Pure

Este deseñador galego, actualmente director creativo de Jones Knowles Ritchie en Londres, desenvolveu numerosos proxectos para distinguidas firmas como Yamaha, Nokia, ou Deutsche Bank, entre outras. O seu proceso de deseño baséase na interrelación continua de tres elementos esenciais: pensar, como fase estratéxica e intelectual; crear, co uso das ferramentas que permiten crear unha identidade e comunicar, e distribuír como maneira de facer o proxecto realidade. Unha parte fundamental neste desenvolvemento creativo é a conexión co cliente e os usuarios finais. É interesante o traballo realizado polo deseñador sobre o novo tipo de letra de Nokia coa publicación sobre a tipografía de Nokia Pure (2012) onde se propón unha viaxe desde os bosquexos iniciais ata a fonte final, detallando como se deseñou unha tipografía con carácter distinguido, ligando entrevistas aos propios deseñadores da compañía, con follas de mostras e mesturando coas ideas do deseño. Este traballo pode considerarse unha especie de manual de instrucións para a creación dunha fonte personalizada que destaca o valor dunha tipografía singular para unha marca global.

 

París, 1903-1999.

Arquitecta e deseñadora editorial

26 Kunstenaars / 21 Locaties

Fabricante: 
De Rijp

Aínda que o seu primeiro interese foi a pintura, Irma Boom apaixonouse moi cedo polo deseño de libros. O seu enfoque experimental produciu notables resultados que conseguiron ampliar os límites do deseño gráfico e que lle valeron numerosos recoñecementos. Esta atrevida visión dos proxectos desafía a convención dos libros tradicionais tanto nas súas formas visuais como no contido impreso. Como deseñadora gráfica, tipógrafa e ilustradora Irma Boom é especialista na confección de libros a base de materiais, formatos ou deseños pouco usuais, configurando os libros como unha paisaxe e tentando crear unha experiencia táctil e sensorial ao deseñalos, procurando a fisicalidade do propio obxecto: cubertas en relevo, páxinas irregulares, etc., que se acaban convertendo nunha forma arquitectónica ou nun obxecto, como advertimos no exemplar 26 Kunstenaars/ 21 locaties. O seu obxectivo no seu proceso creativo é inspirar ao descubrimento e á interacción.

 

Italia, 1909-1994

Deseñador gráfico editorial e pintor

Deseño da Colección Austral de Espasa-Calpe

En 1937 naceu a colección Austral de Espasa Calpe, pioneira en coleccións de bolsillo en español. O deseño, cun recadro branco enmarcado nun fondo que reproduce a ampliación dunha trama de offset e a ilustración dunha cabra con estrelas que representa a constelación de Capricornio, débese ao deseñador italiano Attilio Rossi, exiliado en Bos Aires desde 1935. Estas tramas cromáticas variaban a súa cor segundo se o libro era de poesía, ensaio, narrativa ou ciencias. A idea da colección foi do entón director de Espasa-Calpe en Arxentina Gonzalo Losada, que encargara o proxecto a Guillermo de la Torre, coñecido impulsor do ultraísmo. Segundo o testemuño de Losada, Rossi elexira como logotipo da colección un oso branco que finalmente desvotaron porque ao presentar o boceto en presencia de Norah e Jorge Luis Borges, este último advirtiu que os osos non vivían no hemisferio sur, polo que o cambiaron pola constelación zodiacal de Capricornio, cunha cabra que na su cola, rematada en forma de folla, remite a marca de impresor de Aldo Manuzio.

 

Marie Neurath: 

Alemania, 1898 – Reino Unido, 1986

Deseñadora e cintífica social

J. A. Lauwerys:

Bruselas, 1902 – Reino Unido, 1981

Educador

The First Great Inventions

Max Parrish & Co

Co obxectivo de mellorar a comunicación pedagóxica na Europa de entreguerras naceu unha maneira de ordenar a información a partir de signos visuais ou pictogramas estatísticos que permitían vencer as limitacións da linguaxe verbal. Este proxecto coñeceuse como «o método vienés», pero pronto foi denominado Isotype (International System of Typographic Picture Education). O seu creador foi o sociólogo Otto Neurath, pero en todo iso foi fundamental a científica e matemática María Reidermeister —máis tarde coñecida como Marie Neurath—, que encabezaba un equipo capaz de transformar en diagramas os datos verbais para traballar en colaboración con artistas gráficos a súa execución final. Marie Neurath producirá máis de oitenta libros infantís dunha calidade asombrosa, onde a cor se emprega para engadir significado e claridade, nunca como decoración. Aprehender o esencial, saber utilizar a comparación, dirixir a atención e auscultar o sentido de todos os detalles da imaxe eran claves imprescindibles para ela que conseguía resolver ao traballar con equipos de investigadores, escritores e ilustradores, dirixindo todas as etapas do proceso para acadar unha precisión científica.

 

Deseñador gráfico e editorial

Deseño da revista Teima. Número cero

Xosé Manuel Gómez Vilasó destacou como deseñador de libros e catálogos, de identidades institucionais como as do Museo do Pobo Galego, pero sobre todo pola súa aportación como director do departamento de identidade corporativa de Televés e como deseñador da revista Teima, a que sería primeira revista ilustrada de información xeral feita en galego, nos albores da democracia. Con esta fotomontaxe na portada, Gómez Vilasó iniciaba un colorido traballo que fará da revista Teima unha publicación singular. No número cero rezaba unha sentencia que revelaba as súas intencións, crear «un semanario para un país».

 

EE.UU, 1927-2016

Deseñadora gráfica editorial e pintora

Sights and Spectacles: Theatre Chronicles

Mary McCarthy, Meridian Books, NY

Apaixonada pola pintura e a colaxe, Elain Lustig Cohen é unha figura clave do deseño gráfico dos anos cincuenta e sesenta, sobre todo polas portadas de libros que realizou para editoriais como Meridian Books e New Directions. Casada con Alvin Lustig en 1950, continuará co traballo do seu estudo á morte deste en 1957, integrando a estética do modernismo europeo cunha linguaxe visual norteamericano. Arthur Cohen, editor e gran amigo de Alvin Lustig convidouna a que continuase deseñando a nova liña de libros de peto en Meridian Books, chegando a deseñar máis dun centenar de portadas. Elain Lustig Cohen tamén deseñou catálogos de importantes artistas como Robert Rauschenberg, Yves Klein ou Jasper Johns e traballou con arquitectos como Eero Saarinen ou Richard Meier na gráfica dos seus edificios.

 

EE.UU, 1915-1955

Deseñador gráfico editorial e tipógrafo

Three Lives

Three Lives, 1945 (Autor: Gertrude Stein) / Poems, 1951 (Autor: Stéphane Mallarmé);

New Directions, Nueva York. Serie The New Classics.

De vocación temperá, Lustig abriu o seu primer estudio en Los Ángeles e 1957 e convertiuse nun impresor e tipógrafo independente xa aos 21 anos. Dende moi cedo traballou a xeometría abstracta e a ornamentación para acabar revolucionando o mundo das portadas de libros evitando as ilustracións figurativas ao optar por opcións conceptuais e simbólicas segundo o libro en cuestión, sempre con discretas tipografías para os seus títulos. O seu espírito de modernidade cobrou relevancia ao encargarse da imaxe editorial de New Directions, adicada á literatura, labor que tras a súa morte continuou a súa muller, Elaine Lustig Cohen. Lustig sinalou como a súa intención foi establecer para cada libro un símbolo abstracto do seu contido, conseguir que a forza da forma e a cor atrapara e informara ao ollo. A Fundación DIDAC ten algúns dos seus traballos máis recoñecidos como as portadas para Three Lives de Gertrude Stein (1945) ou Poems de Stéphane Mallarmé (1949), ambas para New Directions, NY.

 

Barcelona,1938

Premio Nacional de Deseño en 1988.

Revista CAU

Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Cataluña y Baleares. Número cero

CAU fue la revista que el Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Cataluña y Baleares comenzó a publicar en el mes de marzo de 1970. Dirigida por Jordi Sabartés, CAU debe su nombre a las siglas de Construcción, Arquitectura y Urbanismo. Tanto por sus contenidos como por su diseño se destacará entre las publicaciones técnicas del momento. En su número cero, dedicado al turismo, se puede advertir cómo su diseñador Enric Satué —vecino de puerta del subdirector de la publicación, Francesc Serrahima, lo que facilitó la conexión—, abandona los clichés gráficos de las publicaciones sobre arquitectura de la época y asume el pop y el conceptual como principales apuestas formales, con una maquetación que se construye en función de las imágenes, cuidadas e impactantes, con desplegables, troquelados, imágenes a sangre, collages, pósters, etc. Sobre su maqueta, Daniel Giralt-Miracle escribirá que supuso la entrada del diseño contemporáneo en la época. Retos visuales para ilustrar páginas capaces de reunir a colaboradores como Manuel Vázquez Montalbán o Cirici Pellicer.

 

(Santander, 1930 – Madrid, 2004)

Deseñador gráfico editorial. Premio 1984 de Ouro de Belas Artes.

Cosas. Los dos de siempre.

Castelao, Alianza Editorial, 1967
(con ilustración de Castelao).

 

En 1966 naceu a colección El libro de bolsillo de Alianza Editorial, que terá no seu deseñador, Daniel Gil, un piar fundamental que contribuíu á modernización da linguaxe gráfica editorial española a partir dun deseño experimental e rechamangueiro realizado desde o respecto cara ao seu contido, aínda que sen perder a capacidade de desconcertar previamente ao lector incitando ao tempo á súa lectura. Daniel Gil, que anos antes creara o estilo visual da discográfica Hispavox, deseñará máis de 4.000 portadas para Alianza Editorial entre 1966 e 1992. En 1967 deseña a primeira edición en castelán de Cousas e Os  dous de  sempre de Castelao, cunha rechamante portada a tres tintas con cor prata, azul e un salmón. A sensación espectral e tenebrosa cobra aínda máis forza coa ilustración dunha caveira cunha brecha que serve de peto que proxecta a morte, sempre presente en Cousas.

Páxinas